AFAGA

ALZHEIMER, un problema de todosA Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada para levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos/as de Alzheimer ou outra demencia e dos seus familiares, así como para ofrecer información, asesoramento e orientación a tódalas persoas que así o demanden.

Faite socio

Se miras ao teu arredor, observarás que existen moitas persoas con enfermidades dexenerativas, como o Alzheimer, que lles impiden levar unha vida autónoma e necesitan doutros para desenvolver as actividades do día a día. Ofrecerlles axuda tanto aos enfermos coma aos seus familiares, así como defender os seus dereitos e mellorar o seu benestar son os nosos principais obxectivos.

Para conseguir esta importante labor necesitamos o apoio de persoas como ti, porque os nosos socios/ás contribúen a facelo posible.

Faite socio/a de AFAGA para apoiar as persoas que padecen a enfermidade, persoas que son diferentes aos demais.

Recorda que coa túa axuda contribúes a mellorar o seu benestar.

Descarga o boletín de inscrición en pdf.

Noticias

Rocío Mosquera visitou o Centro de Atención Integral a enfermos de Alzheimer e outras demencias de AFAGA en Vigo

Martes, 03 de Abril de 2012

Durante a visita ao centro de atención integral destacou a importancia de aumentar a sensibilización social respecto destas enfermedades.

O Goberno galego, en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Familiares de Alzheimer, declarou 2012 como Ano Galego do Alzheimer. Nesta iniciativa AFAGA, como membro de FAGAL, levará a cabo varias propostas formativas, así como de difusión e información sobre a enfermidade.

   

Coidar un familiar implica coidarse a un mesmo

Venres, 23 de Marzo de 2012

O pasado xoves, 22 de marzo, clausurouse a primeira edición do taller 'Un coidador, dúas vidas,' impartido pola psicóloga de AFAGA, Maxi Rodríguez, e ao que asistiron 18 persoas que teñen ao seu cargo a un familiar cunha enfermidade neurodexenerativa.

A mediados de abril comezará a segunda edición deste taller.

 

   

AFAGA e la Universidade de Bragança asinaron un acordo de colaboración no ámbito da investigación xerontolóxica

Mércores, 21 de Marzo de 2012

Grazas a este acordo, alumnos de Xerontoloxía da Universidade de Bragança realizarán prácticas nos centros de AFAGA, o Centro de Atención Integral e o Centro de Día Beiramar.

Este convenio enmárcase nun programa cofinanciado pola UE.

   

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago