AFAGA

ALZHEIMER, un problema de todosA Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada para levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos/as de Alzheimer ou outra demencia e dos seus familiares, así como para ofrecer información, asesoramento e orientación a tódalas persoas que así o demanden.

Faite socio

Se miras ao teu arredor, observarás que existen moitas persoas con enfermidades dexenerativas, como o Alzheimer, que lles impiden levar unha vida autónoma e necesitan doutros para desenvolver as actividades do día a día. Ofrecerlles axuda tanto aos enfermos coma aos seus familiares, así como defender os seus dereitos e mellorar o seu benestar son os nosos principais obxectivos.

Para conseguir esta importante labor necesitamos o apoio de persoas como ti, porque os nosos socios/ás contribúen a facelo posible.

Faite socio/a de AFAGA para apoiar as persoas que padecen a enfermidade, persoas que son diferentes aos demais.

Recorda que coa túa axuda contribúes a mellorar o seu benestar.

Descarga o boletín de inscrición en pdf.

Noticias

Migallas Teatro presentou o conto 'Un avó especial'

Mércores, 28 Decembro 2011 19:10

O Centro de Atención Integral de AFAGA, situado na rúa de Martínez Garrido, acolleu a presentación do libro 'Un Avó Especial', a cargo do grupo de teatro Migallas.

O  obxectivo do libro es  axudar aos máis pequenos a comprender mellor a doenza do Alzheimer.

   

O Centro de Atención Integral celebrou o Nadal

Mércores, 11 Xaneiro 2012 11:30

   

O Centro de Día Beiramar celebró unha xornada de portas abertas

Martes, 20 Decembro 2011 10:07

   

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago