Programa de acollida

As reaccións máis habituais dos familiares dunha persoa que acaba de ser diagnosticada de Alzheimer son a incredulidade e a angustia, ás que se engaden unha estendida falta de información. É precisamente a busca de orientación acerca das pautas de comportamento ante a nova situación pranteada a que leva os familiares a acudir ás asociacións de familiares.

O asesoramento (informar, formar e asesorar) ás familias constitúe un dos obxectivos básicos de AFAGA. Esta necesidade de estar informados é sentida pola maior parte dos familiares. Esta necesidade pode orientarse en dúas direccións:

  • as cuestións xerais como poden ser os aspectos médicos, respostas máis adecuadas para as reaccións dos enfermos, coidados básicos,...
  • petición de servicios concretos: axuda a domicilio, terapia de estimulación, terapia psicolóxica,...

De tódolos xeitos na maioría dos casos o que se aprecia é unha mestura de ámbolos dous tipos de demanda xa que a falta de información afecta a tódolos aspectos da doenza polo que unha vez que os familiares son conscientes das terapias que poden mellorar a calidade de vida do paciente intentan buscar os medios para aplicalas ó seu enfermo.

Unha vez que a persoa se pon en contacto coa asociación, a Traballadora Social canaliza a demanda ben ofrecendo a información que se considere axeitada a través de libros, vídeos,
folletos,..., informando sobre os programas que AFAGA desenvolve así como a maneira de acceso a recursos similares en institucións públicas e privadas.

Desarrollado por Hacce Soluciones TIC. Diseño web