Programa Escala

De recente implantación, este programa consistía en prestar un servizo de apoio a familias baseado na situación concreta de cada caso. Para o que se parte dunha valoración integral de demencias (que se realiza no domicilio do enfermo) que servía para planificar a atención funcional, cognitivo-conductual e social que en cada momento se precise e acompañar á persoa enferma e ó seu entorno ó longo do proceso da enfermidade facendo un seguimento continuado do caso.

Unha das maiores dificultades coas que se enfronta o entorno sociofamiliar na enfermidade de Alzheimer é a constante adaptación ós cambios. A medida que avanza o proceso, as necesidades da persoa enferma se van modificando. Saber qué actividades e en qué medida teñen que ser supervisadas, compartidas ou substituídas converterase na tarefa principal do núcleo de convivencia ou familia.

Neste sentido, a demanda máis recorrente é a de información. Información sobre qué facer, cómo e cando. Apoiar ás familias e ó propio/a enfermo/a na planificación e organización dos coidados pasa por o coñecemento da situación concreta de cada caso e para iso é necesario realizar unha valoración integral da saúde da persoa enferma que defina os puntos dos que partirá a intervención.

 

Programa que se desenvolveu no ano 2008.

Desarrollado por Hacce Soluciones TIC. Diseño web