Programa Rede Rural de Alzheimer

O programa consistía en achegar ós pacientes que vivían en zonas rurais, pertencentes ós 4 concellos de maior densidade de poboación da provincia de Pontevedra (Porriño, Ponteareas, Redondela e Tui), a posibilidade de ser estimulados cognitiva, física e funcionalmente, nos seus domicilios. Esta estimulación estaría baseada nunha valoración previa polos distintos terapeutas que establecerían as actividades a realizar polo familiar. Para facer posible que poida ser o propio familiar quen realice as tarefas de estimulación marcadas, este recibiría formación básica. Pero ademáis haberá de estar motivado e dispor de tempo e capacidade.
En aqueles casos que sexa posible se utilizarán medios informáticos e de telecomunicación.
Programa que se desenvolveu no ano 2008.







