Programa de atención a domicilio
- SERVICIO DE AXUDA A DOMICILIO (SAD)
- SERVICIO DE AXUDA A DOMICILIO EN FIN DE SEMANA
- SERVICIO DE AXUDA A DOMICILIO RESPIRO
- FISIOTERAPIA A DOMICILIO
Dedícase principalmente o aseo e coidados de atención persoal da persoa enferma, aínda que entre as súas labores, a auxiliar, ten tamén a formación en coidados das persoas responsables dos coidados. Este é un servicio que se presta en de luns a venres en horario de mañas.
A diferencia do anterior servicio é que se presta en fin de semana, e dicir, sábado e domingos en horario continuado de 4 ou 8 horas seguidas (facilitando desta maneira que o familiar poida gozar dun breve período de descanso)
Continúa co criterio inicial de prestación de servicio, neste caso de luns a venres en horario de tarde e coa finalidade de dar unhas horas libres ós familiares para que poidan realizar actividades puntuais que antes non podían levar a cabo por estar o cargo dunha persoa con Alzheimer ou outra demencia.
Na fase avanzada da enfermidade aparecen síntomas de deterioro da capacidade motora dos enfermos. Por iso se puxo en marcha un programa de fisioterapia co que se intenta contrarrestar a reducción progresiva da movilidade, reducir a posibilidade de que se produza anquilosis ou rixidez extrema das articulacións así como dotar de coñecementos prácticos ós familiares/coidadores que lles permitan realizar exercicios co seu enfermo sin que iso supoña un risco para ambos .
Preténdese conseguir así, aliviar as molestias que orixina dita rixidez muscular e prolongar a autonomía do enfermo, incrementando, en definitiva, a súa calidade de vida.
Unha vez detectada a necesidade do servicio a través da pertinente valoración do fisioterapeuta e da traballadora social, iníciase a prestación do servicio. O fisioterapeuta acude dúas veces por semana ó domicilio familiar onde leva a cabo co enfermo os exercicios adecuados según a evolución da enfermidade en cada caso que permitan mitigar os síntomas antes comentados.
A duración máxima de cada sesión é de 1 hora.






