Obradoiros paralelos

No ano 1998 comezou a desenrolarse o programa GAM Alzheimer, que tiña como obxectivo a creación dun grupo de familiares que fora capaz de ofrecer apoio psicolóxico e emocional os seus integrantes.

Dende o primeiro momento viuse que a terapia resultaba moi beneficiosa para os asistentes, pero a maioría deles se lles presentaba un inconveniente, con quen deixar ó seu familiar enfermo. A raíz disto, dende a asociación, se ideou un programa no que ademais de participar os familiares tamén o facían os enfermo. Nacen así os obradoiros paralelos.

Tal como indica o seu nome, este é un programa onde acoden xuntos enfermos e familiares, aínda que o tratamento e a atención se ofrezan de forma separada. Basicamente o obradoiro de familiares consiste nunha prolongación dos grupos de axuda mutua (GAM) onde, coa colaboración dunha psicóloga se levan a cabo técnicas de relaxación, afrontamento de conflictos, resolución de situacións de crise.... Por outra banda, os enfermos reciben atención por parte dunha psicóloga e dunha terapeuta ocupacional no mesmo horario aínda que en espacios diferenciados. O que se pretende e manter as habilidades, coñecementos e conductas que aínda posúen, utilizando para iso técnicas dirixidas ó adestramento nas actividades da vida diaria (AVD), orientación á realidade, estimulación cognitiva e estimulación funcional que se concretan na realización de actividades adaptadas tanto ás capacidades xerais do grupo como ás que se presenten de forma individual.

Na actualidade, este programa realízase catro veces por semana con dous grupos cada día segundo o grao de evolución da enfermidade. E dicir, os enfermos estarán distribuídos segundo o nivel da enfermidade no que se atopen. Uns grupos asistirán os luns e os xoves e outros grupos os martes e os venres. Cada grupo estará formado por un máximo de 8-10 enfermos.

Os obradoiros teñen unha duración de 3 horas diarias sendo 1 hora e media de estimulación cognitiva (coa psicóloga) e outra hora e media de estimulación funcional (coa terapeuta ocupacional).

O horario dos obradoiros é de 17:00-17:15 a 20:00-20:15 horas.

Previamente ó ingreso no mesmo, faise unha avaliación psicolóxica tanto do familiar como da persoa enferma coa que se determina a necesidade efectiva do servicio e a compatibilidade co grupo

Desarrollado por Hacce Soluciones TIC. Diseño web